Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

3ª Xornada do ciclo de teatro da Asociación Cultural de Chapela

despois de completar aforo, na 2ª xornada deste ciclo, un sábado mais continuamos con outra divertida obra, apta para todos os púlicos "Miña Naiciña" Próximo sábado 23 de Xaneiro ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela , dentro do IV Ciclo de

A Asociación Cultural de Chapela organiza unha excursión para socios/as a un programa en directo da TVG

A Asociación Cultural e Social de Chapela, organiza unha excursión para socios/as o vindeiro martes 26 de xaneiro , con saída do autobús ás 20:00 horas desde Chapela, onde poderán asistir, como público, ao programa en directo da TVG "O Pai s mai s grade do Mundo".

A Cultural de Chapela convoca un curso de lingua de signos para nenos/as

A Asociación Cultural e Social de Chapela pon en marcha un curso de lingua de signos dirixido a nenos a partir de 6 anos. As clases impartiranse os sábados ás 11.00 horas por unha mestra con titulación en educación infantil e primaria, educación especial e comunicación de lingua de signos.

Páxinas