Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A Cultural de Chapela convoca un curso de lingua de signos para nenos/as

A Asociación Cultural e Social de Chapela pon en marcha un curso de lingua de signos dirixido a nenos a partir de 6 anos. As clases impartiranse os sábados ás 11.00 horas por unha mestra con titulación en educación infantil e primaria, educación especial e comunicación de lingua de signos.

O grupo de Baile galego "Fonte Do Ouro" actua en Reboreda

O Domingo 25 de Octubro, as 19:30 horas, o grupo de Baile "Fonte Do Ouro" da Asociación Cultural de Chapela, actuaran, acompañados polo grupo de gaitas "Os xuveniles" no Centro Cultural de Reboreda dentro da programación do convenio interparroquial do Concello de Redondela, a programación conta t

"Fonte Do Ouro" e "Os Xuveniles" actuan o Sábado 5 de setembro na Praza Da Torre de Redondela

O grupo de baile "Fonte Do Ouro" e o grupo de gaitas " Os Xuveniles" pertencentes á Asociación Cultural e Social de Chapela, actuarán o sábado 5 de setembro ás 21 horas na Praza da Torre de dentro da programación cultural de verán do concello de Redondela

Páxinas