Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A Escola e Banda de Música de Chapela colaboran na celebración do 50 aniversario do colexio igrexa de Chapela

A Escola e a Banda de Música de Chapela colaboran na celebración do 50 aniversario do colexio igrexa  de  Chapela, ofrecendo  un concerto o venres 17 de Xuño ás 18:00 horas.

A escola de música de Chapela achega a música aos mais pequenos de forma divertida nun campamento musical

A Escola de Música de Chapela pon en marcha do 4 ao 9 de xullo o seu campamento musical 2016,  para nenos/as a partir de 3 anos, onde dunha forma divertida e mediante xogos poñerá aos participantes en contacto coa música.

A Escola de Música de Chapela participa no Acto Conmemorativo do Día do Libro en Redondela

Venres 29 Abril 2016, acto conmemorativo na celebración  Dia do libro no concello de Redondela, Sara Rivas, mestra de saxofón da Escola de Música de Chapela interpretando "Negra Sombra" mentres se descubre un cubo informativo

PRESENTACIÓN- CONCERTO DO LIBRO "O PITO GALEGO" NA ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA"

Hoxe na Escola de Música de Chapela tivemos unha clase diferente, coa presentación- concerto do libro "O Pito Galego método practico" coñecemos un novo instrumento e gozamos do concerto ofrecido polo Escritor e Músico Moisés Quintas Suárez, porque entendemos que o ensino músical

A Asociación Cultural e Social de Chapela Convoca o seus soci@s Asamblea Xeral ordinaria

Serafín López Álvarez, en calidade de presidente da Asociación Cultural e Social de Chapela,  convoca a todos os socios/as a próxima asemblea xeral ordinaria o próximo sábado día 2 de Abril , as 19 horas no multiusos de Chapela en primeira convocatoria e 19:30 en segunda convocatoria, co seguinte

Páxinas