Presentación da Escola de Música de Chapela

INSTALACIÓNS: https://www.youtube.com/watch?v=bEvBwC1ME_o

 

 A Escola de Música de Chapela cobre un amplo espazo educativo das ensinanzas musicais a partir de 0 anos e sen límite de idade, impartidas por profesorado con titulación de grao profesional e superior. Conta tamén con profesorado especializado, e un método propio de aprendizaxe de música para adultos. 
As ensinanzas impartidas son:

THE MUSIC CLASS (A partir de 0 anos): É un programa de música para bebés e nenos/as pequenos onde xogan, cantan e bailan en inglés. O ser acompañado polos pais fortalece o vínculo afectivo cos pequenos mentras estes aprenden.

MÚSICA E MOVEMENTO (de 2 a 5 anos): Trátase dunha primeira toma de contacto coa música mediante o xogo e talleres musicais. A súa finalidade é o ensino musical, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices. Divídese en catro niveis educativos segundo a idade.

LINGUAXE MUSICAL (a partir de 6 anos, sen límite de idade): Actividade na cal se aprende a ler música para poñela en práctica co instrumento que se escolla.

INSTRUMENTO: 
Os ofrecidos polo centro son: oboe, frauta traversa, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión clásica, gaita, pandeireta, percusión tradicional, violín, violonchelo, piano, guitarra, acordeón e voz (aberto tamén a outras posibilidades elexidas polo alumno).
A práctica instrumental abrangue:

APRENDIZAXE AFECCIONADA: Para o desenvolvemento persoal e a interpretación colectiva.

FORMACIÓN PARA FUTUROS PROFESIONAIS: Estudo individual e colectivo profesional e preparación para o acceso ao conservatorio.

CONXUNTO: Itinerario que contempla a formación instrumental ou vocal nas agrupacións do Centro (Banda de música, Grupo de gaitas, Grupo de pandeireteiras, Coro).

CURSOS DE VERÁN
Todos os cursos impartiranse tamén en verán, durante o mes de xullo. Cóntase tamén con clases de reforzo e preparación de probas de acceso a conservatorios e apoio para a recuperación de materias.