A Historia da Escola de Música de Chapela

A Escola de Música de Chapela foi fundada o día 7 de setembro de 1991 por Alejandro Bastos Fernández co principal obxetivo de formar a primeira Banda de Música da parroquia.

A Escola de Música, baixo a tutela da Asociación Cultural e Social de Chapela, empeza a impartir as súas primeiras clases nun local cedido polo concello de Redondela, ubicado nos baixos do Pavillón de Chapela. A pesar de que as istalacións non eran as máis idóneas para impartir clases de Música, o empeño da directiva, mestres e familiares do alumnado, fixeron, que despois de 4 anos de intensas clases, o 11 de febreiro de 1995 a Escola de Música cumprira o seu primeiro obxetivo. A Banda de Música de Chapela. Ésta fai a súa presentación con 50 nenos/as entre 9 e 14 anos baixo a batuta de Juan Carlos Díaz Álvarez. Neste primeiro concerto mostran ao público, que a Escola de Música de Chapela, convertiu a estes nenos/as, sen formación musical anterior, en 50 estupendos músicos.

Os estudos musicais continuan para 40 nenos e nenas e a Escola precisa de máis espazo para poder facer o seu traballo de forma máis digna, polo que a dirección da mesma con Alejandro Bastos como presidente e coa axuda dos pais/nais comezan unha larga reivindicación ao Concello de Redondela. A construción do primeiro Multiúsos da parroquia que a súa vez dispuxera de un auditorio onde os/as pequenos/as músicos puideran ofrecer a toda a parroquia os seus concertos,e o mesmo tempo ser utilizado para a realización de outro tipo de actividades tanto da Asociación Cultural de Chapela, como doutras asociacións da parroquia. Unha gran necesidade que se fai realidade o 2 de xullo de 1999.

Tras a inaguración do Multiúsos do Piñeiral, a Escola de Música de Chapela traslada as súas aulas ás novas instalacións do Multiúsos formando a centos de músicos dos cales algúns fixeron da formación musical recibida a súa afición favorita e outros moitos a súa vida profesional, e o seu medio de vida. Cabe destacar a Jonathan Vázquez mestre do Cmus superior de Vigo, Santiago Blanco trombonista principal na Orquesta Sinfónica de Navarra, Patricia Román, Maribel Rozados e Ángela Covelo mestras de música en colexios, Sara Rivas, Miguel Ángel Ballesteros, Víctor Sánchez, Margarita Álvarez, Arturo Vázquez e José Antonio Campos músicos de orquesta entre outros.

A Escola de música de Chapela segue crecendo así como outro tipo de actividades realizadas no Multiúsos de Chapela a falta de insonorización das mesmas así como a falta de espazo, limita moito a labor do profesorado, e incompatibiliza a realización das propias clases con outras actividades e o funcionamento da biblioteca. Durante o ano 2010 coa entrada dunha nova directiva na Asociación Cultural de Chapela, faise unha solicitude oficial ao Concello para o acondicionamento dos baixos do pavillón, por entender que ésta é a mellor opción e a máis económica, para darlle á escola máis autonomía para a organización de aulas ao mesmo tempo que se aproveitaría para realizar os ensaios dos diferentes grupos musicais dos que dispón a Escola. O concello, unha vez levado a estudio, aposta polo mesmo e o inclúe na reforma integral do Pavillón de Chapela, co cal, 340m2 que se atopaban infrautilizados convértense nunha verdadeira Escola de Música, e o día 6 de xaneiro do 2013. O soño faise realidade coa inaguración da mesma.

A dirección decide apostar máis forte por un proxecto que desde sempre considerou, Unha escola oficial. As novas instalacións permiten que a Escola de Música de Chapela esté autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36024941. Ademais incorpora á Escola novo profesorado titulado e aumenta o número de prazas de alumnos/as.

Nestes momentos a Escola de Música de Chapela conta cunhas instalacións de 340m2 repartidos en 3 aulas de estudio instrumental, 3 aulas de linguaxe musical, fonoteca, aula polivalente de 100m2, sala de profesores, baños adaptados para persoas con movilidade reducida e oficina de administración.

A Escola está dirixida por Begoña Rial García  e  que compaxina a dirección da mesma coa impartición de clases de clarinete e linguaxe musical, aparte de formar parte como músico da Banda de música de Chapela e o Grupo de gaitas da propia escola, e conta como xefe de estudios e asesor coa experencia de Julio alonso Monteagudo.  A Escola conta tamén con un cadro de 18 profesores/as con titulacións de grado profesional e superior, que imparten clases de música clásica, moderna e tradicional en 20 modalidades instrumentais, sen esquecernos das aulas de linguaxe musical, tanto para nenos como para adultos, aula de música e movemento para nenos a partir de 3 anos e The Music Class a partir dos 0 anos, para que os cativos empecen a xogar coa música con xogos que aparte de divertidos influirán no seu desenrolo intelectual, auditivo, sensorial e motriz, así como na súa concentración e memoria. O que a converte nunha das escolas con máis ofertas en clases musicais de toda a provincia de Pontevedra, e con estupendos resultados. 

Nos últimos 10 anos o 100% de alumnos/as da escola presentados as probas de acceso dos conservatorios conseguiron ser admitidos coas mellores calificacións.

A Escola de música de Chapela conta nestes momentos con 240 alumnos/as en idades comprendidas entre os 0 e 75 anos, que aparte de aprender música, dáselles a posibilidade de pasar a formar parte dos grupos musicais dos que dispón a propia escola, como a Banda de Música de Chapela baixo a dirección de Andrés Álvarez Hernández, Grupo de Gaitas “Os Xuveniles” dirixidos por Abraham Fernández López, o grupo de Pandeiretas “Semente Nova” dirixido por Beatriz Cela Rojo.

A escola ofrece descontos ás familias e ao alumnado cando pasa a formar parte dalgunha das agrupacións da Escola.

A Dirección da escola de Música de Chapela xa ten novos proxectos enriba da mesa:

  • A creación da primeira Banda de Gaitas en Chapela, un proxecto dirixido polo profesor de gaita da propia escola con un estupendo currículum como profesor (imparte cursos por toda España, Europa e América latina, aparte de colaborar en concertos, entre outros de Carlos Núñez, Celtas Cortos ou Los Limones). Neste proxecto quérese contar co maior número de gaiteiros de Redondela sen que os mesmos deixen de formar parte dos grupos aos que pertencen actualmente, pero darlle a posibilidade de dar un paso máis no mundo da Gaita representando ao Concello de Redondela tanto en Galiza como en outros puntos de España e por que non, en Europa. Un proxecto que esperamos teña unha boa aceptación na administración e nos músicos.
  • Escola de música e Danza aproveitando a escola de baile que dispón a Asociación Cultural e social de Chapela e que nestes momentos conta con 130 alumnos/as, pero para iso sería necesario dispoñer de máis espazo, polo que de momento non sería viable a oficialidade da mesma como tal, pero sen descartar poder facelo realidade nun futuro.