¿Cómo fago a inscrición?

Para participar nas actividades da Asociación Cultural e Social de Chapela, nos cursos da Escola de Música, na Banda de Música ou no resto dos grupos Folclóricos e Culturais, o alumno/a debe estar previamente inscrito.

A preinscripción

Debido a necesidade de organizar os grupos e horarios da forma máis convinte tanto para profesores como para o maior número de participantes, requírese unha preinscripción antes do comezo do curso. Débese cumplimentar un formulario de preinscripción por cada alumno, cubrindo tódolos datos claramente e poñendo especial atención nos díxitos do IBAN no que se aboarán as cuotas.

Podes consultar as as actividades e prezos da Asociación así como os cursos da Escola de Música e os seus prezos facendo clic nos enlaces. Recorda que os socios da Asociación e as súas familias teñen prezos máis vantaxosos, así que pensa se non che convén selo!

Os formularios de preinscripción son os seguintes. Podes descargalos e cubrilos directamente antes de imprimilos:

 

Moi importante: debes imprimir o formularios de preinscripción por ambas caras. Se non o fas, a firma da primeira páxina considerarase como aceptación tácita das condicións da matrícula que figuran no anverso, e en caso de dúbida, nos formularios dixitais expostos nesta web ou eiquí.

Onde a fago

Debes asinar os formularios e entregalos na oficina do Multiusos ou na secretaría da Escola de Música. Se o alumno é menor de idade, no impreso deben figurar os datos dos seus tutores nos campos correspondentes.

A prioridade á hora de entrar ou formar un grupo será por orde de preinscrición, polo que convén non deixalo para o último dia!

¿E logo?

Unha vez rematado o período de preinscripción da actividade ou curso, planificaránse os grupos horarios que máis conveñan a profesores e alumnos, seguindo a orde da data de preinscripción.

Cando se acaden os grupos definitivos, comunicaránse públicamente no taboleiro da Asociación e no da Escola de Música respectivamente, así como por correo electrónico e nesta web accedendo como socio.

Durante o curso, as novas inscricións pasarán a lista de espera da actividade, para incorporarse ou formar grupos novos en canto sexa posible.

Agora que xa sabes cómo funciona... ¿a qué esperas?