Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

a asociación cultural de chapela colaboa co concello de Redondela na celebración do 8M

a Asociación Cultural de Chapela colabora co concello de redondela na celebración do 8M coa realización dun mural onde a muller é a principal protagonista.

A nosa felicitación a todas as mulleres e o noso agradecemento ás que participaron na elaboración deste mural

A Asociación Cultural de Chapela entrega 1.500 sinaturas para solicitar a ampliación das súas instalacións

A documentación foi entregada no rexistro municipal e na mesma as persoas asinantes solicitan que desde o concello se realice un estudo e un proxecto que dea a posibilidade de ampliar as instalacións para seguir impartindo un ensino de calidade.

A Banda de Música de Chapela ofrecerá un concerto para os maís pequenos da casa

Melodías de disney será o próximo concerto da Banda de Música de Chapela para goce dos máis pequenos da casa.
Unha historia de Película coas melodías máis coñecidas de Disney con narracións de cristina Collazo e onde a música correra a cargo da Bnada de Música de Chapela 

A Asociación Cultural de Chapela reúnese coa concelleira de cultura Rita Pérez para reivindicar entre outras demandas mais espazos culturais para os colectivos de Chapela

A Asociación cultural de Chapela solicita ao goberno local que dote esta parroquia de espazos axeitados para desenvolver as súas actividades. Neste sentido entenden urxente recuperar como aula a antiga cafetería do Multiúsos do Piñeiral e que este edificio conte cun conserxe en horario de mañá.

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA COMEZA O NOVO CURSO CON 480 ALUMNOS/AS MATRICULADOS E A CONTRATACIÓN DE 30 MESTRES E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA COMEZA O NOVO CURSO CON 480 ALUMNOS/AS MATRICULADOS E A CONTRATACIÓN DE 30 MESTRES  E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN

Páxinas