Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A Asociación Cultural de Chapela celebra unha xuntanza Cena- Baile cos seus soci@s e amigos

A Asociación Cultural e social de Chapela celebra unha xuntanza cea-baile o vindeiro sábado 16 de decembro, unha iniciativa para conseguir unha maior participación de todo o alumnado, socios/as e amigos da asociación, idea que se pon a proba para valorar a aceptación da mesma por parte dos socios

A Asociación Cultural e social de Chapela pon en marcha talleres de cociña para nenos/as

A Asociación cultural e social de chapela , abre a súa campaña de actividades de nadal para nenos/as cuns talleres de cociña para os mais pequenos.
Os talleres están dirixidos para nenos/as de 5 a 12 anos, en dous grupos diferentes.

A ESCOLA E BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA CELEBRAN SANTA CECILIA 2017 CON UN CONCERTO NO MULTIUSOS DE CHAPELA

A Escola e Banda de Música de Chapela, celebran o vindeiro sábado 25 de Novembro ás 19:00 horas, o día da súa patroa, Santa Cecilia, cun concerto no Multiusos de Chapela no que actuarán A Big-band, e as Bandas escolas formadas por alumnos/as da Escola de Música de Chapela, nas sú

Páxinas