Historia

A Asociación Cultural e Social de Chapela é unha asociación sen ánimo de lucro que nace o vinteseis de Octubro de 1991 co principal obxetivo da creación da primeira Banda de Música de Chapela, así como a realización de actos culturais e máis concretamente aqueles realizados con fines benéficos.

Con estes obxectivos en mente, arranca unha Escola de Música na que comézanse a formar os primeiros músicos que formarán a futura Banda de Música de Chapela. Como resultado desta iniciativa, ós tres anos do comezo das clases a Banda de Música da o seu primeiro concerto.

 

Debido á gran demanda existente tanto por parte dos socios como dos veciños en xeral, a Escola de Música comeza a impartir clases de gaita, pandereta e baile galego, con un resultado moi positivo.

Esto leva a directiva de aquel entón a crear varios grupos grupos folclóricos máis, co que os grupos da Asociación pasarían a ser os seguintes:

  • Banda de música Chapela
  • Banda de Música infantil
  • Grupo gaita “Os Xuveniles”
  • Grupo de Pandereteiras “Semente Nova”
  • Grupo de baile galego” Fonte do Ouro”
  • Grupo de baile galego infantil “ Xente Nova”
  • Grupo de Teatro "Mistur Arte"