Festival folclórico gastronómico 2019

O vindeiro sábado día 25 de maio festa rachada no Piñeiral de Chapela, festa con música da nosa terra, grupos de gaitas, baile, pandeiretas e acordeóns amenizarán ésta xornada musical, pero nesta ocasión, a gastronomía tamén ten o seu espazo, esta edición dedicarémola á degustación do tradicional Chouripán e empanadillas caseiras en diferentes variedades, todo isto acompañado de bo viño, cervexa ou refrescos. E se es soci@ convidámoste a un chouripán recollendo o teu vale nas oficinas da asociación non maís tarde do xoves 23 de maio.

Ven disfrutar desta primeira cita folclórico-gastronómica e as espectaculares vistas no piñeiral do Crego de Chapela.

Esperámosche a partir das 12 do mediodía