Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA REALIZA UN INTERCAMBIO CO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI

A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA REALIZA UN INTERCAMBIO CO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI

 Alumnos/ as da Escola de Música de Chapela desprázanse o vindeiro xoves 21 de marzo ata o Cmus Prof de Tui para realizar con éste centro un intercambio de audicións.

A Asociación Cultural de Chapela ofrece unha Master-Clas de Baile tradicional de forma gratuita

 O vindeiro xoves 7 de Marzo as 19:30 Horas , a asociación Cultural de Chapela, anima a todas aquelas persoas interesadas polo baile tradicional Galego a participar na  Master- class gratuíta impartida por Alexandre Fernández  do grupo  Pelepau.

Páxinas