A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA REALIZA UN INTERCAMBIO CO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI
A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA REALIZA UN INTERCAMBIO CO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI
Alumnos/ as da Escola de Música de Chapela desprázanse o vindeiro xoves 21 de marzo ata o Cmus Prof de Tui para realizar con éste centro un intercambio de audicións.
As audicións realizaranse de forma conxunta entre os alumnos/as de ambos centros, e de diferentes especialidades instrumentais.
Será o vindeiro mércores 27 de Marzo cando o alumnado de Tui desprácese a Chapela para realizar as audicións no auditorio do Multiúsos do Piñeiral en Chapela.
As direccións dos dous centros de Formación musical, pretenden con ésta iniciativa, que os seus alumnos/as habitúense a interpretar a música en diferentes escenarios e cun público distinto ao do centro onde cursan os seus estudos, pola importancia que isto terá nun futuro para os novos músicos.