Presentación da Escola de Música de Chapela

INSTALACIÓNS: https://www.youtube.com/watch?v=bEvBwC1ME_o

 A Escola de Música de Chapela é un centro autorizado pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co códio de centro 36024941. A Escola cubre un amplo espazo educativo das ensinanzas musicais a partir de 0 anos e sen límite de idade, impartidas por profesorado con titulación de grao profesional e superior. Conta tamén con profesorado especializado, e un método propio de aprendizaxe de música para adultos. 
As ensinanzas impartidas son:

MÚSICA NO EMBARAZO: actividade dirixida a futuras nais na cal estimulará a reacción dos seus bebés cos diferentes estilos de música. O que ao principio era una creencia comprobouse tras numerosas investigacións de expertos na materia que A MÚSICA TEN UN EFECTO POSITIVO NO DESENVOLVEMENTO DOS BEBÉS.

FAMILY MUSIC (0 - 3 anos): É unha actividade de música para bebés, nenos/as onde xogan, cantan e bailan en inglés. A actividade realizase acompañado por un familiar fortalecendo o vínculo afectivo cos pequenos/as mentras estes aprenden.

MÚSICA E MOVEMENTO (3 - 5 anos): Toma de contacto coa música mediante o xogo e talleres musicais. A súa finalidade é o ensino musical, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices. Divídese en tres niveis educativos segundo a idade.

INICIACIÓN LINGUAXE MUSICAL (6 - 7 anos): Actividade pensada para alumno/as de 6 e 7 anos de idade. Pretende ofrecer un método práctico de ensinanza musical para aprender os símbolos musicais a través de xogos e cantigas.

LINGUAXE MUSICAL (a partir de 8 anos): Actividade na cal se aprende a ler música para poñela en práctica co instrumento que se escolla.

LINGUAXE MUSICAL ADULTOS (a partir de 18 anos): Actividade na cal se aprende a ler música para poñela en práctica co instrumento que se escolla.

INSTRUMENTO: 
Os ofrecidos polo centro son: oboe, frauta traversa, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión clásica, gaita, pandeireta, percusión tradicional,bouzuqui, tin whistle (flauta irlandesa), zanfona, acordeón, violín, violonchelo, piano, guitarra e voz (aberto tamén a outras posibilidades elexidas polo/a alumno/a).
A práctica instrumental abrangue:

APRENDIZAXE AFECCIONADA: Para o desenvolvemento persoal e a interpretación colectiva.

FORMACIÓN PARA FUTUROS PROFESIONAIS: Estudo individual e colectivo profesional e preparación para o acceso ao conservatorio.

CONXUNTO: Itinerario que contempla a formación instrumental ou vocal nas agrupacións do Centro (Banda-escola, Banda de música, Grupo de gaitas, Grupo de pandereteiras, ...).

CURSOS DE VERÁN
Todos os cursos impartiranse tamén en verán, durante o mes de xullo. Cóntase tamén con clases de reforzo e preparación de probas de acceso a conservatorios e apoio para a recuperación de materias.

MUSIC CAMP
Campamento do 1 ao 24 de xullo. Mediante xogos de rastrexos, escapismo, coreografías e concursos melloraramos a nosa destreza, equilibrio, psicomotricidade, oído, concentración ... pasando unhas mañás divertidas aprenderemos a facer os nosos propios instrumentos cos cales montaremos un grupo musical. Ademais haberá excursións todas as semáns e melloraremos as nosas habilidades co inglés. Apúntate por semáns ou ao campamento completo antes do 24 de xuño.

 

Para máis información enviar correo electrónico a escolademusicadechapela@edu.xunta.gal ou whatsApp ao 986 45 22 44