A Asociación Cultural de Chapela ofrece unha Master-Clas de Baile tradicional de forma gratuita

 O vindeiro xoves 7 de Marzo as 19:30 Horas , a asociación Cultural de Chapela, anima a todas aquelas persoas interesadas polo baile tradicional Galego a participar na  Master- class gratuíta impartida por Alexandre Fernández  do grupo  Pelepau.
A clase impartirase nas instalacións da Escola de Música de Chapela e as persoas interesadas deberán inscribirse  previamente nas oficinas da propia Escola no seu horario de atención ao público, ou no teléfono 986452244
PRAZAS LIMITADAS