A Asociación Cultural de Chapela celebra o festival de nadal

A Asociación Cultural e Social de Chapela celebra o seu festival de Nadal cun variado número de espectáculos , exhibicións e proxeccións das distintas actividades que a Asociación Cultural realiza durante o curso.
 E festival comezará coa actuación do alumnado de Zumba,  cun espectáculo que combinará o exercicio físico coa mellor música latina. 
A escola de baile da asociación ofrecerá unha actuación con música para bailar, bailes de salón e latinos, sen esquecerse do baile moderna a cargo dos máis pequenos da Escola, para finalizar interactuando co público onde os profesores darán unha mini masterclas, no propio auditorio, ao público asistente. 
Tampouco vai faltar a música tradicional coa actuación do grupo de Gaitas “Os Xuveniles” da Asociación Cultural. 
O peche do festival correrá a cargo da Banda de Música de Chapela, que ofrecerá un concerto cun variado repertorio de música do Nadal. 
 
A cita o sábado 22 de Decembro as 19:00 horas no Multiusos de Chapela con entrada libre ata completar o aforamento