Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A Escola de Música de Chapela comenza o curso con un equipo de Mestres formados no Conservatorio Superior de música de Vigo

A Escola de Música de Chapela da comenzo ao curso 2019/20 con este equipo de mestres e mestras co que temos o pracer de traballar.
Formados no conservatorio superior de música de Vigo, é un profesorado ilusionado e en continua formación tanto a nivel musical como pedagóxico.

A Asociación Cultural de Chapela organiza Unha Excursión a Cambados subvencionada pola Deputación de pontevedra

Visitarase: Conxunto histórico, Museo Etnográfico do viño,  Ruiñas de Santa mariña Dozo, Adega do Pazo Fefiñans donde faremos unha degustación, Museo Muiños de Mareas secas.

Páxinas