A Escola de Música de Chapela celebra o festival fin de curso de curso con un teatro musical

A Escola de Música de Chapela celebra o próximo Mércores 19 de xuño ás 19:30 horas o seu festival fin de curso dunha forma orixinal, coa presentación dun Teatro Musical baseado no conto de Peer Gynt , no que se combina o teatro coa Música e a participación da totalidade do alumnado da escola, realizando un traballo de participación en grupo tanto musical como teatral . Un proxecto posto en marcha hai meses para conseguir un festival de fin de curso diferente, innovador e participativo e no que foi posible conseguir que os alumnos máis noveis sexan un eslabón importante na realización deste teatro musical , así como conseguir a motivación dos novos músicos cuns resultados de mellora na súa aprendizaxe durante os meses de ensaio que sorprendeu notablemente aos seus profesorado, polo que se baralla como posibilidade de adaptalo como unha forma máis de estudo na propia escola. 
A cita no auditorio do Multiusos de Chapela con entrada libre ata completar o aforo