O FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE CHAPELA CHEGA A PRAZA DA TORRE NA SÚA XXIV EDICIÓN
O FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE CHAPELA CHEGA A PRAZA DA TORRE NA SÚA XXIV EDICIÓN
O festival de Bandas de Música, organizado pola Banda de Música de Chapela e o Concello de Redondela, celebra o seu XXIV edición coa participación da Banda de Música Ateneo Musical Pobra do Caramiñal e a “orquestra se sopro eCordas Pinteus” de Lisboa como Bandas convidadas, e a Banda de Música de Chapela como Banda anfitrioa. As tres Bandas participantes ofrecerán un concerto con temas destacados do seu repertorio, pero antes do comezo dos mesmos realizarán varios pasaruas polo centro de Redondela. A cita será o vindeiro sábado día 3 de Agosto a partir das 21:00 na praza da torre de Redondela.
Este festival viñasé celebrando tradicionalmente na parroquia de Chapela, pero ao ser o único festival destas características celebrado no Concello, desde a concellería de Cultura e a Banda de Música de Chapela decidiuse organizalo conxuntamente e celebrar algunha das súas edicións no centro da vila, ante a gran aceptación do mesmo tanto do publico Redondelano, como do gran número de turistas e peregrinos que nestas datas visitan a nosa vila