Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.
Dende a dirección da Asociación Cultural e Social de Chapela informamos de que a partir do 2 de NOVEMBRO REACTIVARANSE AQUELAS ACTIVIDADES QUE AS CIRCUNSTANCIAS O PERMITAN e que se estaban a facer no multiúsos de Chapela.
Aprender a tocar o ukelele ou gozar dos beneficios que a música achegas ás mulleres embarazadas e os seus futuros bebés, son dúas das novidades coas que arranca o novo curso nesta Escola de Música que reforzou as medidas sanitarias para cumprir o protocolo antiCovid.
A Escola de Música de Chapela pon en marcha unha nova actividade “MÚSICA NO EMBARAZO”
“Música no embarazo” é unha actividade dirixida a futuras nais na cal estimularán a reacción dos seus bebés cos diferentes estilos de música.