A Asociación Cultural de Chapela entrega 1.500 sinaturas para solicitar a ampliación das súas instalacións
A documentación foi entregada no rexistro municipal e na mesma as persoas asinantes solicitan que desde o concello se realice un estudo e un proxecto que dea a posibilidade de ampliar as instalacións para seguir impartindo un ensino de calidade. Insisten en que o centro actual atópase ao límite da súa capacidade o que supón que moitos posibles alumnos non poidan acceder a formación que alí se imparte.
As actuais instalacións inauguráronse en xaneiro do 2013 nos baixos do pavillón Municipal da parroquia, permitindo así a creación dunha escola de Música en Chapela. Con todo, unha década despois as instalacións quedáronse pequenas “o centro triplicou o número de alumnos, con 230 persoas de idades comprendidas entro os 2 e os 70 anos, e un cadro de persoal integrado por 20 profesores e dous administrativas .
As propias instalacións serven ademais como local de ensaio ás formacións musicais coas que conta a escola: a Banda de Música, o grupo de gaitas, o grupo de pandeiretas e percusión e varias grupos de cámara que “na actualidade teñen serios problemas para realizar ensaios
as formacións musicais coas que conta a escola: a Banda de Música, o grupo de gaitas, o grupo de pandeiretas e percusión e varias grupos de cámara que “na actualidade teñen serios problemas para realizar ensaios conxuntos, xa que a aula polivalente existente complica albergar a totalidade de músicos que as compoñen”.
A dirección do centro lembra que leva anos demandado ao concello a súa ampliación ou o estudo dunha nova localización , así como presentando diferentes opcións “sen que polo momento teña resposta nin se houbese comezado a realizar un estudo de ningunha delas”.
Aseguran ademais que nunha recente xuntanza coa concelleira de cultura “entregámoslle un novo proxecto que estaría integrado na propia escola e nas posibles novas instalacións, proxecto que dotaría ao concello de Redondela da primeira escola oficial de Danza”.
Con todo, polo de agora non teñen recibido resposta algunha polo que instan ao goberno local a atender as súas peticións así como a das 1500 persoas que comparten esta demanda.