Presentación da Asociación
A Asociación Cultural e Social de Chapela é unha asociación sen ánimo de lucro que ó longo dos seus 27 anos de existencia ven realizando actividades pensadas para todas as idades, con un coste asequible para todas as economías. Trátase de conseguir o acceso das persoas e familias máis desfavorecidas e da veciñanza en xeral a unha oferta social e cultural variada, poñendo énfase na cultura musical.
Como parte da misión social e cultural da asociación, impártense diversos cursos tanto de integración como de formación, como por exemplo, lingua de signos, inglés falado, ou apoio escolar de voluntariado.
Outra parte moi importante da asociación é a súa Escola de Música, tamén sen ánimo de lucro. Nela impártense clases tanto individuais como colectivas para todas as idades cunha variedade grande de instrumentos, tanto contemporáneos como tradicionais galegos sendo a canteira dos distintos grupos folclóricos e a Banda de Música de Chapela. Neste programa de actividades e cursos participan aproximadamente 600 persoas cada semana.
Ademáis, realizamos ó longo do ano diversas actividades e actos culturais, de forma desinteresada e de entrada libre:
- Festival de Bandas
- Festas populares
- Festival Fin de Ano
- Festival de Nadal
- Festival de Santa Cecilia
- Festival de Pascua
- Festivais folclóricos
- Campus Musical
- Concertos benéficos
- Ludotecas de Verán e estudios
A labor social da Asociación vese reforzada por partida dobre nos concertos benéficos a prol dos desfavorecidos, donde por unha banda o importe da taquilla é doado íntegramente a institucións benéficas, e por outra os usuarios dos devanditos centros disfrutan dos concertos. En total, véñense a realizar unha media de 15-20 eventos culturais ó ano.
Na Asociación traballamos na medida do posible como voluntarios en calquera evento cultural nos que a nosa participación sexa precisa, así como tamén ofrecemos ós nosos socios a posibilidade de coordinar calquera curso ou evento que nos suxiran e que repercuta de forma desinteresada en beneficio de todos/as. Estas peticións están sempre condicionadas ó resultado dun estudo de viabilidade previo así como da dispoñibilidade de espacio nas nosas instalacións.
No ano 2012 a Asociación abriu tres novas Vocalías: Muller, Terceira idade e Xuventude, conseguindo que a través das mesmas estos colectivos estén representados ante as institucións locais, podendo trasladar as súas demandas, preocupacions e inquietudes, tanto en temas culturais como sociais.
Do resultado de toda esta actividade social e cultural, estimase que durante o ano beneficianse preto de 8.000 persoas de Chapela, Redondela e seus arredores.
Finaciación da Asociación
A Asociación Social e Cultural de Chapela financiase íntegramente a través de:
- As cuotas dos propios socios/as.
- As subvencións públicas as que pode concorrer por lei.
- A realización de concertos dos seus grupos folclóricos e a Banda de Música de Chapela.
- As cuotas de participación e/ou taquilla nos cursos e actividades culturais e sociais da propia Asociación.
- As cuotas polo empréstito de instrumentos para alumnos/as que non poden dispoñer de instrumento propio pola situación económica familiar.
- As aportacións voluntarias das entidades colaboradoras.
- Un convenio ecónomico co Concello de Redondela pola xestión da Escola de Música de Chapela.
A Asociación Cultural de Chapela crea desde o ano 2014 ao ano de 2018, 25 postos de traballo, na súa maioría de xente nova, os cales imparten clases na Escola de Música, e nas diferentes actividades que imparte a Asociación, tamén conta en nómina con persoal administrativo, o que nos define como un exemplo de creación de riqueza e postos de traballo a través da cultura. A xestión da mesma é realizada íntegramente por unha directiva que traballa de forma voluntaria e altruista, sen compensación económica algunha.
Tamén atópase inscrita no rexistro de Asociacións de Pontevedra e do Concello de Redondela, formando parte do Plan Cultural da Deputación de Pontevedra e do Convenio Cultural do Concello de Redondela.
Nestos momentos a Asociación conta con 1200 socios/as rexistrados e 400 socios/as activos.
¡Gracias a todos/as por facer posible este proxecto!