Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.
a Asociación Cultural de Chapela colabora co concello de redondela na celebración do 8M coa realización dun mural onde a muller é a principal protagonista.
A nosa felicitación a todas as mulleres e o noso agradecemento ás que participaron na elaboración deste mural
O director da Banda Andrés Álvarez foi o encargado de escribir as partituras que poñen música aos contos “Escarlatina, a cociñeira defunta” e “A balada dos Unicornios” e que se
A asociación cultural de Chapela organiza un obradoiro de primeiros auxilios impartido por Héctor fariñas lópez.
O obradoiro consta de clase teórica e practica con maniquis dixitais.
Chéganos a triste noticia do falecemento do que durante 10 anos foi presidente da nosa Asociación, Alfonso Iglesias Campelo
Desde a Asociación Cultural de Chapela queremos trasladar o noso máis sentido pésame a toda a súa familia.
A documentación foi entregada no rexistro municipal e na mesma as persoas asinantes solicitan que desde o concello se realice un estudo e un proxecto que dea a posibilidade de ampliar as instalacións para seguir impartindo un ensino de calidade.
Melodías de disney será o próximo concerto da Banda de Música de Chapela para goce dos máis pequenos da casa.
Unha historia de Película coas melodías máis coñecidas de Disney con narracións de cristina Collazo e onde a música correra a cargo da Bnada de Música de Chapela
A Asociación cultural de Chapela solicita ao goberno local que dote esta parroquia de espazos axeitados para desenvolver as súas actividades. Neste sentido entenden urxente recuperar como aula a antiga cafetería do Multiúsos do Piñeiral e que este edificio conte cun conserxe en horario de mañá.
A Asociación Cultural de Chapela organiza un curso de defensa persoal onde se traballase:
Adestramento Físico, prevención de situacións, autoprotección, mellora dá autoestima, motivación e toma de decisións.