Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

Diario de Pontevedra - Semente Nova de Chapela

Co obxectivo de recuperar as tradicións de Chapela, a Asociación Cultural e Social desta localidade redondelana creou en 1994 unha escola de pandeireteiras, da que naceu o grupo Semente Nova. Este colectivo conta na actualidade con 25 persoas que interpretan e recollen as antigas cantigas que compoñían a banda sonora da localidade noutro tempo, á vez que rescatan do esquecemento os traxes tradicionais e os distintos obxectos que se utilizaban a modo de instrumentos musicais para acompañar as voces e o ritmo das pandeiretas.

As mellores notas de Chapela

Ten a frescura e a ilusión propias dos 15 anos e o palmarés dunha agrupación veterana. E é que desde que se presentou ó público, no ano 1995,a Banda de Música de Chapela non deixou de recibir premios e aplausos. A escola de música foi o primeiro paso para que esta parroquia redondelana puidera ter, por primeira vez na súa historia, unha banda. A mesma escola, na que actualmente se forman 30 nenos, é hoxe en día a garantía de que os ventos bandísticos soarán en Chapela por moito tempo.

Páxinas