Novas da Asociación

Eiquí podes consultar as últimas novas da Asociación. Tamén publicarémolas en Facebook.

Diario de Pontevedra - A cultura vive en Chapela

Na parroquia de Chapela, en Redondela, a cultura e as tradicións galegas atópanse en bo estado grazas ás agrupacións Fonte do Ouro e Os Xuveniles. A primeira, dirixida por Santiago Almunia, é un conxunto de baile folclórico que viaxa por toda Galicia e Portugal exportando o folclore de Galicia. A segunda, a cargo do mestre Abraham Fernández, é un grupo de gaitas que o acompaña nas súas viaxes, ademais de contar coas súas propias actuacións. Xunto a diversos cursos e actividades, compoñen a oferta cultural da Asociación Cultural e Social de Chapela.

Diario de Pontevedra - Semente Nova de Chapela

Co obxectivo de recuperar as tradicións de Chapela, a Asociación Cultural e Social desta localidade redondelana creou en 1994 unha escola de pandeireteiras, da que naceu o grupo Semente Nova. Este colectivo conta na actualidade con 25 persoas que interpretan e recollen as antigas cantigas que compoñían a banda sonora da localidade noutro tempo, á vez que rescatan do esquecemento os traxes tradicionais e os distintos obxectos que se utilizaban a modo de instrumentos musicais para acompañar as voces e o ritmo das pandeiretas.

Páxinas