Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

MisturArt Teatro na programación Cultural do Concello de Redondela Outonoteatro

O vindeiro sábado 5 de Novembro á 20:00 no Multiusos dá Xunqueira de Redondela, Actuación do grupo de Teatro da Asociación Cultural de Chapela Mistur-Art Teatro que pon en escena  "Armouse Ou Tole Tole" Unha Obra de Teatro dá adaptación dun fragmento do libro mais leido do mundo, A Biblia.

Fusión Musical Banda de Música de Chapela-Unión Musical Fuensalida

O vindeiro sábado 27 de Xullo  ás 22 Horas , na Praza dá Torre de Redondela, a Banda de Música de Chapela realiza unha fusión Musical coa Unión Musical de Fuensalida (Toledo) nun concerto que poñerá mais de 80 Músicos sobre o mesmo escenario, e onde ambos   direc

A Banda de Música de Chapela Sorprende con unha actuación co grupo de percusión Odaiko

O vindeiro sábado, 6 de agosto, ás 22.00 horas na praza da casa da Torre de Redondela, terá lugar un espectáculo multidisciplinar no que se xuntarán a música co humor para ofrecer ó público un espectáculo único compartido entre a Banda de música de Chapela e o grupo de percusión Odaiko pe

A Banda de Música de Chapela Partricipa no XXI festival de Bandas de Goian 2016

A Banda de Música de Chapela participa o venres 29 de Xullo ás 21:00 no XXI  festival de Bandas de Goián 2016, onde compartira escenario coa Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia e a Banda anfitriona Agrupación Musical de Goián.

A Escola de Música de Chapela continua coa matrícula aberta durante o mes de xullo

A Escola de Música de Chapela mantén aberto ata o próximo día 31 o prazo de inscrición para o curso 2016-2017. Como novidades para o próximo curso ampliarase a oferta ata vinte modalidades instrumentais, coro para adultos e un novo método de ensino dixital.

Páxinas