A Asociación nos Medios de Comunicación
As actividades socioculturais da Asociación soen ter cabida nos medios de comunicación. Eiquí podes consultar esas aparicións:
Diario de Pontevedra - Semente Nova de Chapela
Co obxectivo de recuperar as tradicións de Chapela, a Asociación Cultural e Social desta localidade redondelana creou en 1994 unha escola de pandeireteiras, da que naceu o grupo Semente Nova. Este colectivo conta na actualidade con 25 persoas que interpretan e recollen as antigas cantigas que compoñían a banda sonora da localidade noutro tempo, á vez que rescatan do esquecemento os traxes tradicionais e os distintos obxectos que se utilizaban a modo de instrumentos musicais para acompañar as voces e o ritmo das pandeiretas.
As mellores notas de Chapela
Ten a frescura e a ilusión propias dos 15 anos e o palmarés dunha agrupación veterana. E é que desde que se presentou ó público, no ano 1995,a Banda de Música de Chapela non deixou de recibir premios e aplausos. A escola de música foi o primeiro paso para que esta parroquia redondelana puidera ter, por primeira vez na súa historia, unha banda. A mesma escola, na que actualmente se forman 30 nenos, é hoxe en día a garantía de que os ventos bandísticos soarán en Chapela por moito tempo.
La Banda de Música de Chapela gana el certamen provincial de la Diputación
La Banda de Música Xuvenil de Chapela se proclamó vencedora del III Certamen de Bandas de Música de la zona sur, celebrado en el Teatro Municipal de Tui y organizado por la Diputación de Pontevedra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21