Presentación do Grupo MisturArt Teatro

MisturArt Teatro nace do proxecto posto en marcha pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de Redondela “Creación e coordinación de grupos de Dinamización teatral para nenos e adultos” (2005-2015), que xunto con outros grupos formados nas parroquias de Reboreda, Chan das Pipas e Ventosela, levarón a cabo unha laboura dinamizadora, culturizante, educativa e participativa dende o ámbito do crecemento personal e social.

O elenco de actuantes está formado por adultas con franxas de idade que van dende os 15 ou 16 ata que ti queiras, non hai límite. 

Medramos a través da dinamización grupal para ir incorporando nos xogos as diferentes técnicas teatrais: dicción, expresión corporal, imaxinación, improvisación, etc. E todo dentro dun ambiente distendido e divertido.

Non nos vamos a esquecer de decirvos que estamos con ganas de que todo aquel que queira vir a probar, se anime a participar desta nosa máxima:

Sumamos Esforzos, multiplicamos Resultados.

A nosa directora tamén está encantada de que se incorpore xente nova e sempre di o mesmo: "Carne fresca!".

É certo, porque realizar esta actividade só se necesita de corpo, enerxía, participación, curiosidade e ganas. Facer teatro partindo da base de que vas a “ xogar” todo  é máis sinxelo e máis gustoso;  e mediante o xogo, o traballo grupal e a ilusión por participar éstes que vos están a falar,  conqueriron facer mooooiiiiitas cousas.

E seguirán a facer pero agora con un proxecto novo, dende a Asociación Cultural de Chapela do Multiusos Piñeiral o Crego pertencente a Redondela.

Dende o ano 2011 ata agora estas són as montaxes que puxemos en escea:

TIRITANIC

Farsa. Grupo de dinamización teatral de Chapela. 2010

PATO

Xoguete teatral. Grupo de dinamización teatral de Chapela. 2011

RAMÓN

Xoguete teatral. Grupos de dinamización teatral de Chapela e Ventosela. 2012

HOMES

Comedia-Crítica social. Grupo de dinamización teatral de Chapela. 2011

MAGO DE OZ

Musical. Grupo de dinamización teatral de Ventosela e Chapela. 2013-2014

DE PLAYBACK A CABARET

Variedades. Grupos de dinamización teatral de Ventosela (nenos), Chapela, Reboreda e Chan das Pipas. 2014

Obras coas que, todas elas, consiguen completar o aforo dos auditorios donde as presentan.

No ano 2011 colaboran tamén coa Coral O Píñeiral co espetáculo “Entroido 2011”.

En febreiro do 2015 o grupo de teatro MisturArt Teatro pasa a formar parte dos grupos da Asociación Cultural e Social de Chapela e baixo á súa tutela cando toma o seu actual nome.

MisturArt Teatro comeza dende esta data un novo proxecto sempre cos mesmos obxectivos de facer chegar o público a paixón polo teatro.

Na actualidade MisturArt Teatro conta con un cadro de 10 actores.