Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A Asociación Cultural de Chapela organiza unha excursión para socios/as a un programa en directo da TVG

A Asociación Cultural e Social de Chapela, organiza unha excursión para socios/as o vindeiro martes 26 de xaneiro , con saída do autobús ás 20:00 horas desde Chapela, onde poderán asistir, como público, ao programa en directo da TVG "O Pai s mai s grade do Mundo".

A Cultural de Chapela convoca un curso de lingua de signos para nenos/as

A Asociación Cultural e Social de Chapela pon en marcha un curso de lingua de signos dirixido a nenos a partir de 6 anos. As clases impartiranse os sábados ás 11.00 horas por unha mestra con titulación en educación infantil e primaria, educación especial e comunicación de lingua de signos.

Páxinas