"MÚSICA DE LENDA" NOVO CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA

O vindeiro sábado 28 de novembro, ás 20.00 h no Multiusos de Chapela, a Banda de Música de Chapela celebrará o seu xa habitual concerto de Santa Cecilia.

Para esta ocasión, a temática do concerto é a de música de lendas.

Durante o concerto, ademais de gozar de música, un narrador poñeranos en situación de cada obra que interpretaremos, lendo antes de que a banda interprete a obra a lenda na que os compositores se inspiraron para compoñer a música.

Durante o concerto, a banda de música de Chapela interpretará
The witch and The saint, do compositor americano 
Steven Reineke e inspirada na lenda alemá das irmás xemelgas Helena e Sybilla.
Waves of the Revolution, do tamén americano Sexan Ou Lounghlin, baseada na guerra de secesión americana.
Ireland, of Legend and Lore, unha selección de temas irlandeses baseados na súa ampla mitoloxía e composta polo tamén americano Robert W. Smith e por último Santo Grial, unha composición de Andrés Álvarez, director da agrupación, na que a música tenta plasmar a lenda do Santo Grial por terras galegas, mais en concreto no municipio de O Cebreiro.