Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!

Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.

Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.

Últimas novas

A Banda de Música de Chapela Actúa na Festa Da Coca de Redondela

A Banda de Música de Chapela, actuara en Redondela na festa da Coca, con un pasaruas polas calles da Vila , o Sábado 6 de Xunio a parti das 11 Da mañan.

O Domingo 7 repite pasaruas, a mesma hora  pola vila, e a continuación acompanarán a procesión en todo o seu percorrido

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA PRESENTA "MAMI&NONÓLOGOS" O PRIMER MONÓLOGO DE CRISTIAN

A Asociación Cultural de Chapela, coa colaboración da concejalia de Cultura  , presenta o Sábado 23 de maio ás 21:00 horas no auditorio do Multiusos de Chapela, o primeiro monólogo De Crístian titulado Mami&Monólogos.

Concerto Día das Letras Galegas a cargo da Banda de Música de Chapela

A Banda de Música de Chapela ofrecera un concerto, con motivo do Día Das Letras Galegas, o Domingo  17 de Maio as 12 da mañan na praza da Constitución de Redondela.

O Concerto esta organizado polo Concello de Redondela a traves da Concellería de Cultura

O Teatro Afeccionado

Qué é ser afeccionado? Os significados máis antigos destas palabras, afeccionado ou afeccionado, atendían á experiencia en si mesma, ao desfrute desta e non aos resultados. Ser afeccionado ou afeccionado traducía máis o desfrute que proporcionaba o exercicio dunha actividade, aínda que os resultados non cumprisen os canons da ortodoxia profesional.

10 razóns polas que facer teatro

O teatro é unha desas opcións completas para poder afastar da mente o estrés laboral (e mesmo familiar) e centrarse nun mesmo e no desenvolvemento de habilidades que probablemente nos son descoñecidas. Non falamos de acudir ao teatro como público, senón ser parte do mundo teatral.

Páxinas