10 razóns polas que facer teatro
O teatro é unha desas opcións completas para poder afastar da mente o estrés laboral (e mesmo familiar) e centrarse nun mesmo e no desenvolvemento de habilidades que probablemente nos son descoñecidas. Non falamos de acudir ao teatro como público, senón ser parte do mundo teatral.
Nunha clase de teatro trabállanse aspectos como a expresión corporal, técnicas de voz, improvisación, análise de texto, posta en escena e sobre todo, desenvolver o imaxinario dun xeito que só os nenos adoitan facer. Volver xogar co noso ámbito e con xente coa que se arrisca a saír da súa zona de confort para tirarse á piscina e experimentar. Que vai achegarnos todo iso no noso día a día? Vamosche a dar 10 razóns polas que facer teatro:
1. Vencer a timidez
Ser obxecto de todas as miradas ao subir ao escenario fai que aqueles que queiran vencer a súa timidez (xa sexa por necesidades persoal ou laboral) encontren no teatro unha actividade perfecta para ir, pouco a pouco, acostumando a ser observados.
2. Mellora das habilidades psicomotrices
Nos exercicios de expresión corporal poténciase o uso do corpo como ferramenta de traballo, o coñecemento e exploración de movementos pouco habituais. Isto fai do teatro unha actividade dinámica e física, ideal para facer fronte aos males do sedentarismo.
3. Falar en público
A pesar de non ter esa timidez da que falabamos no punto primeiro, os exercicios de dicción e vocalización son moi útiles para aqueles que necesiten falar en público. Trátase de recursos cos que preparar na casa relatorios e outras intervencións, mellorando a dicción e a entoación, reforzando así a mensaxe do discurso.
4. Mellora nas relacións sociais
Superar o medo ao conflito e ao contacto físico e crear vínculos cos compañeiros, axuda a reforzar as habilidades á hora de coñecer xente.
5. Reforza a autoestima
A superación en cada clase e a repetición de exercicios e dinámicas nas que o alumno se decata da súa melloría, proporciona seguridade.
6. Eliminación de tabús
Interpretar cada día personaxes diferentes achéganos a situacións que nunca teriamos imaxinado, facéndonos sentir na pel do outro e defendendo actitudes que probablemente nunca nos formularamos.
7. Volver xogar
O desenvolvemento do imaxinario teatral e a evasión da rutina diaria nos trasporta a mundos novos e inexplorados, e proporciona ferramentas para levar o día a día de forma amena e divertida. Se ademais tedes peques na casa, abriravos un abano de posibilidades para xogar con eles
8. Liberación
O teatro contribúe á eliminación de barreiras persoais e utilización dun espazo para poder ser libre, e deixar de lado as estruturas marcadas pola sociedade.
9. Coñecemento e aceptación persoal
O teatro implica "espirse emocionalmente" en cada clase, xa sexa facendo drama ou comedia, aceptándose a un mesmo, xa que as ferramentas coas que se traballan son o corpo e a voz en estado puro.
10. A Maxia
Deixamos para o final o motivo máis importante: A maxia, a diversión, a alegría... dende a gargallada ou dende o choro, o teatro é unión e é paixón.