Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.
A Banda de Música de Chapela actuou o día 26 de Xullo nas festas do Carmen Chapela 2015.
Comenzou ás 10 horas cun pasarruas pola parroquia, a continuación acompañou a procesion, e xa pola tarde, ás 21 horas ofreceu un concerto non recinto de festas
16 de xullo 2015 comezamos o campus musical cun montón de actividades. Hoxe toca coñecer a ruta da auga, os seus muíños fontes, fervenza, fauna e flora, despois, e durante a excursión, contacto coa música ¡Musica e natureza unha boa combinación!
Para a formalización da mesma deben realizar a entrega do impreso de inscrición, xunto cunha fotografía tamaño carné nas oficinas da Escola no seu horario de atención ao público.
O grupo de Baile "Fonte do Ouro" acompañado do grupo de gaitas Gaitas "Os xuveniles" ,da Asociación Cultural de Chapela, actuarán o sábado 4 de xullo no centro cultural de Saxamonde na festa do viño da casa, que celebra esta parroquia, e dentro da programación cultural do convenio interparroquial
Asociación Cultural de Chapela presenta, o sábado 20 de Xunio as 21 horas no Multiusos de Chapela, o novo espectáculo de Crístian, acompañado por Marcos Carrera " Tolas polos Volantes "
O Grupo de Baile Galego da Asociación "Fonte Do Ouro" actuara o proximo domingo 21 de xunio as 11 da mañan en Redondela na celebración do día da muñeira xunto cos diferentes grupos de baile das distintas parroquias de vila Redondelan os que acompañaran grupos convidados de outros concellos
A escola de música de Chapela ten en marcha diferentes actividades orientadas a promover a música dun xeito divertido e lúdico ao tempo que oferta alternativas de ocio para todas as idades durante o vindeiro mes de xullo.
A Escola de Música de Chapela, celebra o próximo venres 26 de Xunio as 19 horas, no auditorio do Multiusos de Chapela, o seu Fentival fin de curso, con actuacións do seu alumnado, nas cales daran mostra das ensinanzas recibidas durante o curso.