Adaptación dos Estatutos da Asociación Cultural e Social de Chapela
CAPITULO I - DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1° .- Procedese dacordo coa nova Lei de Asociacións, á adaptación dos estatutos, da asociación sen ánimo lucro denominada: ASOCIACIÓN CULTURAL E SOCIAL DE CHAPELA.
A Asociación constituiuse no ano 1991, e se rexira, a partires da sua aprobación, polos presentes Estatutos, e pola Lei Orgánica 1/2002 do 22 marzo, reguladora do Dereito de Asociacións, e polas demáis lexislacións existentes en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2°.- Son fins e obxetivos principais da Asociación:
- MUSICAL.- Abrangue a Escola de Música, así como a "Banda de Música de Chapela", a Coral "O Pinal", as clases de piano e os correspondentes actos, cursos ou eventos que correspondan a estes grupos ou outros que se poidan formarse.
- TRADICIONAL.- Abrangue a Escola e grupos de Baile Galego "Xente Nova", "Fonte do Ouro", a Escola e Grupo de Gaitas, "Os xuveniles", a "Escola e grupo de Pandereteiras "Semente Nova", así coma os correspondentes eventos con estes ou outros grupos novos que poidan formarse con eles relacionados.
- ACTOS SOCIAIS.- Abrangue a organización actos de tipo gastronómico, excursións, publicacións, ...
Artigo 3°.- Como Asociación sen ánimo de lucro destinarase ós devanditos fins polo menos o setenta por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto, exceptuándose as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial.
Os asociados e familiares non serán os principais destinatarios das actividades realizadas pola Asociación; pero será condición indispensable para formar parte dos grupos da Asociación, Banda de Música de Chapela, O Pinal, Xente Nova, Fonte do Ouro, Os Xuveniles e Semente Nova, (ou calquera outro que se formara), ser asociado da mesma.
Artigo 4º .- O domicilio social principal e permanente da Asociación radicará na localidade de Redondela, parroquia de Chapela, lugar Multiusos de Chapela, no Barrio Igrexa, s/n., Pinal do Crego, c.p. 36320.
Poderánse utilizar outros locais asociativos adicionais noutros lugares, mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dando conta do seu acordo ó Organismo encargado do Rexistro de Asociacións. Para os efectos de comunicacións e notificacións sinálanse como preferentes as seguintes direccións:
Domicilio: Bº Igrexa, s/n., Pinal do Crego, c.p. 36320 Chapela-Redondela Teléfono: 986 45 22 44
Artigo 5º .- A asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
Artigo 6º .- A duración desta Asociación é de carácter indefinido e soamente se disolverá conforme os Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
CAPÍTULO II - DOS SOCIOS
Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tra-lo acordo do órgano competente da persona xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser maior de idade
- Ter interese no desenrolo dos fins da Asociación
Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
- Fundadores, aquelas persoas que suscribiron a Acta Fundacional.
- Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
- Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asamblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación.
- Infantís, aquelas persoas menores de dezaoito anos que participen na Asociación, que estarán integradas na sección infantil, no seu caso.
Os asociados teñen os seguintes dereitos:
- Tomar parte nas Asamblcas con voz e voto.
- Poder elexir e ser elexida para cargos directivos.
- Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
- Disfrutar de tódolas ventaxas e benéficios que a Asociación poda obter.
- Ter copia dos Estatutos.
- Ser informadas sobre a composición da Xunta Directiva.
- Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
- Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde a mellora- lo cumprimento dos fins da Asociación.
- Que se lle poila de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódol os anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 10°.- Son obrigas dos asociados:
- Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime lnterno e os acordos das Asembleas Xerais.
- Desempeña-los cargos para os que foron elexidos.
- Asistir ás Asambleas Xerais.
- Satisface-las cuotas que se establezcan.
- Observar unha boa conducta individual e cívica.
- Cumpri-los acordos da Asamblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 11° .- Os Asociados honorarias e infantís non intevendrán na dirección da Asociación nin nos órganos representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz pero sen voto.
Articulo 12° .- Os acordos de admisión de asociados tomaraos a Xunta Directiva, a petición da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 13° .- A condición de asociado perderase:
- Por vontade propia
- Por falta de pago nas cuotas
- Por realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación.
- Por expediente disciplinario.
Artigo 14° .- A expulsión de asociados será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recurrir ante a xurisdicción voluntaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun asociado, está deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.
Artigo 15° .- Os Asociados poderán pedi-la separación temporal por escrito.
A Xunta Directiva poderá acorda-la separación temporal dun asociado cando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concurran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cuota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de réxime interno, pero en todo caso a Resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
CAPÍTULO III - DOS ORGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 16° .- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.
Artigo 17º .- O presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asamblea Xeral entre socios que teñan polo menos un ano antigüidade e o seu mandato durará catro anos.
Artigo 18º .- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un secretario, un tesoreiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados que leven polo menos un ano na asociación.
Artigo 19º .- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interés económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elixiranse pola Asamblea Xeral os cargos e durarán un periodo de catro anos, aínda que poder ser obxecto de reeleción indifinidamente.
Os cargos da Xunta Directiva renovaranse por metade. No primeiro turno serán renovados o Vicepresidente, o Tesoreiro e un vocal , e no segundo, o ano seguinte, o Presidente, o Secretario, cos outros dous vocais. O primerio mandato dos cargos do segundo turno, de renovación durará un ano mais. O persoal de secretaría, se o houbese será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademáis a súa retribución.
Artigo 20º .- E función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar-la xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como, o estado de contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral , fixalas cuotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non esten expresamente asignadas á Asamblea Xeral. Corresponderalle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asamblea.
Artigo 21° .- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine a Presidente ou a Vicepresidenta, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida pola Presidente, e na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e a falta de ambos polo membro da Xunta que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia de polo menos, seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.
A secretaria ou, no seu defecto, a vicepresidenta levantará acta das sesións, que se transcribirán o libro actas.
Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademáis das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.
Artigo 23° .- A Asamblea Xeral de asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O presidente e o secretario da asamblea serán os mesmoa que os da xunta directiva.
Artigo 24° .- A Asamblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se exponía o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 25° .- A Asamblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses cada ano. Tanto a Asamblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo presidente da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da Asociación para as Asambleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as asambleas extraordinarias.
Artigo 26° .- Serán competencias da Asamblea Xeral ordinaria.
- Aproba-la acta da reunión anterior.
- Aproba-lo plan de actividades.
- Examinar e aproba-la memoria de actividades.
- Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
- Aproba-los presupostos de in gresos e gastos para cada exercicio.
- Exame e aprobación das cuotas.
Artigo 27° .- Serán competencias da Asamblea Xeral extraordinaria:
- Modifica-los estatutos da Asociación.
- Elixi-los integrantes da Xunta Directiva.
- Aproba-la federación con outras Asociacións.
- Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
- Acorda-la disolución da Asociación.
- Designa-los liquidadores.
- Ratifica-la expulsión de asociadas a proposta da Xunta Directiva.
- Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.
- Aproba-lo regulamento de réxime interno da Asociación.
- As que sendo competencia da asamblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la sua convocatoria , sen grave perxuizo para a Asociación.
- Tódalas non conferidas expresamente á Asamblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 28º .- Para que as asambleas poidan tomar acordos, integraranse polas asociados asistentes, sempre que concurran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda con vocatoria, con calquera número asistentes.
Artigo 29° .- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 1 ou 7 do artigo 27, que requerirán a maioría do dous tercios. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asignara o presidente ou o secretario da asamblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asamblea Xeral e aprobada por maioría.
Artigo 30º .- Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos asociados, incluso as non asistentes.
As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente por parte do Secretario á lectura da Asamblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o Secretario, procederaá a plantexa-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta directiva que lle corresponda, procedéndose a aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materi a de que se trate.
Unha vez rematados tódolos asuntos da orde do día se precederá, se a presidencia o considera oportuno ou a solicitan un 10% dos asociados inscritas no libro de membros a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluido o que se levantará a sesión por parte do Presidente.
Artico 31° .- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurriclos en reposición perante a Asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a via para recurrir perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 32° .- O presidente da Xunta Directiva terá ademáis das facultades consignadas no artigo 17°, as seguintes atribucións:
- Presidir e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e o utra, deciclinclo con voto de calidade en caso de empate.
- Propone-lo plan actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando o dirixindo as súas tarefas.
- Ordea-los pagamentos acordados válidamente.
- Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.
- Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto coa Secretaria ou membro da Xunta Directiva a que lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
O presidente será asistida nas funcións por un vi cepresidente, que ademais sustituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 33º .- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle asi mesmo notifica-las convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
O Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 34º .- O Tesoreiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e elos gastos asociativos, participando en tódalas operacións de orde económico.
O Tesoureiro ten a obriga proceder ó peche do exercicio presupostario antes do 15 de decembro, co fin que as contas estén a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asamblea Ordinaria.
Artigo 35° .- Os Vocais no número que determine a Asamblea Xeral terán as seguintes atribucións:
- Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
- Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPITULO IV - RÉXIME ECONÓMICO
A asociación neste momento, despois de iniciada a súa actividade, dispón dun patrimonio de vinte mil douscentos cincuenta e cinco euros e noventa e oito céntimos de euro. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 37° .- A asociación funciónará en réxime ele presuposto an ual. O borrador ele presuposto será elaborado polo Tesorciro ela Asociación, que deberá telo preparado antes do un dc xa neiro cada ano, a fin ele que poda ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.
Artigo 38º .- A asociación manterase dos seguintes recursos:
- As cuotas periódicas dos asociados.
- As cuotas extraordinarias que propoñá a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.
- As doazóns ou subvención que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 39ª .- As cuotas ordinarias acórdanse pola Asamblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva no sendo reintegrables en caso algún e adicándose a atende-las necesidades da Asociación.
Artigo 40º .- Anualmente con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo no inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da asamblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 41° .- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asamblea Xeral Ordinaria.
Artigo 42º .- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoreiro, para a utilización conxunta deles.
Artigo 43º .- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.
CAPITULO V - DO REGULAMENTO DE REXIME INTERNO
Artigo 44º .- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdiccional civil.
CAPITULO VI - MODIFICACIÓN ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 45º .- Os presentes estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios. A convocatoria da Asamblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de sete días para calquera socio para que poida dirixir á Secretaria as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asamblea e serán entregadas cunha antelación mínima tres días á realización da mesma.
Artigo 46° .- Para ser aprobada a reforma dos estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asamblea Xeral de socios.
Artigo 47º .- A asociación disolverase polas seguintes causas:
- Pola vontade dos asociados acordada polas 2/3 partes dos mesmos.
- Por outras causas determinadas legalmente
- Por sentencia xudicial.
Artigo 48º .- Acordada a disolución, a Asamblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores, que xunto o Presidente e o Tesorero, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o ha ber líquido resultante.
Artigo 49º .- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.