Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.
A Banda de Música de Chapela viaxa este fin de semana a Fuensalida (Toledo ) onde realizará un intercambio coa Banda desa localidade, realizando un concerto onde se unirán as dúas Bandas alternando a dirección das mesma os directores de ambas formacións.
Un ensemble de clarinetes da Banda e escola de Música de Chapela ofrecerá un concerto, o domingo 19 de Xuño ás 19:00 horas, como acto de clausura da feira do libro 2016 do Concello de Redondela
A Escola e a Banda de Música de Chapela colaboran na celebración do 50 aniversario do colexio igrexa de Chapela, ofrecendo un concerto o venres 17 de Xuño ás 18:00 horas.
A Banda de Música de Chapela actuará nas festas da Coca 2016 en Redondela o Sábado 28 de maio ás 11:00 da mañá amenizará as rúas da vila cun pasacalles.
O domingo 20 comezará tamén cun pasacalles a partir das 10:00 .
A Escola de Música de Chapela pon en marcha do 4 ao 9 de xullo o seu campamento musical 2016, para nenos/as a partir de 3 anos, onde dunha forma divertida e mediante xogos poñerá aos participantes en contacto coa música.
O Domingo 8 de Maio a Banda de Música de Chapela actuará na Festa do Choco de Redondela.
Comeza ás 10:30 da mañá cun pasacalles pola vila e ás 11:30 ofrecera un pequeno concerto na Carpa da festa
Venres 29 Abril 2016, acto conmemorativo na celebración Dia do libro no concello de Redondela, Sara Rivas, mestra de saxofón da Escola de Música de Chapela interpretando "Negra Sombra" mentres se descubre un cubo informativo