A Asociación Cultural de Chapela presenta o espectáculo "boleros y canciones del mundo"

A Asociación cultural e Social de Chapela presenta o espectáculo "Boleros y canciónes del Mundo" Un espectáculo de Música e Baile no que se fará un repaso pola música e os bailes latinoamericanos, onde o Bolero o Tango e a canción mejicana trasladarán ao espectador aos países orixinarios desta música.
O grupos de canto "Estudo Lírico" da asociación cultural e o grupo de baile da escola de Baile da propia asociación, serán os encargados de facer realidade e poñer en escena este espectáculo o vindeiro sábado 9 de Xullo ás 20:00 no auditorio do multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar o aforamento