Asociación Cultural de Chapela celebra un festival folclórico no Piñeiral do Crego en Chapela
o vindeiro sábado, 4 de xuño. o piñeiral de Chapela enchése de moita Música galega acompañada de bo Polbo, boas empanadas, choripan bos viños e maís.
A artesanía sera un motivo mais para achegarse a un dos mellores miradoiros de Chapela, para os mais pequenos como non, inchables para divertirse.
O resto de sorpresas terás que achegarte para descubrilas. Un día de festa cun acto mais do ano conmemorativo polo 25 aniversario da Asociación Cultural de Chapela, coa colaboración dos nosos grupos folclóricos.
¡¡¡Arrancamos preto das 12!!!