Asociación

A Asociación Cultural de Chapela celebra unha xuntanza Cena- Baile cos seus soci@s e amigos

A Asociación Cultural e social de Chapela celebra unha xuntanza cea-baile o vindeiro sábado 16 de decembro, unha iniciativa para conseguir unha maior participación de todo o alumnado, socios/as e amigos da asociación, idea que se pon a proba para valorar a aceptación da mesma por parte dos socios

A Asociación Cultural e social de Chapela pon en marcha talleres de cociña para nenos/as

A Asociación cultural e social de chapela , abre a súa campaña de actividades de nadal para nenos/as cuns talleres de cociña para os mais pequenos.
Os talleres están dirixidos para nenos/as de 5 a 12 anos, en dous grupos diferentes.

A ESCOLA E BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA CELEBRAN SANTA CECILIA 2017 CON UN CONCERTO NO MULTIUSOS DE CHAPELA

A Escola e Banda de Música de Chapela, celebran o vindeiro sábado 25 de Novembro ás 19:00 horas, o día da súa patroa, Santa Cecilia, cun concerto no Multiusos de Chapela no que actuarán A Big-band, e as Bandas escolas formadas por alumnos/as da Escola de Música de Chapela, nas sú

CENA BAILE NADAL

A parte festiva comezará cunha espectacular degustación de delicias preparadas polos nosos "cociñeiros / voluntarios", que seguramente inclúen deliciosas empanadas, tortillas, etc. e unha gran exhibición de sobremesas caseiras, todas elas "liviás e fáciles de dixerir", especialmente feitas con agarimo e boa vontade, que regaremos co que corresponda refrescos, cervexa, viño e, por suposto, algunha sidra. Seguiremos a festa acompañada de boa música coa que bailaremos e riremos para celebrar xuntos as festas.
Fecha: 
sábado, Decembro 16, 2017 - 21:00 a domingo, Decembro 17, 2017 - 01:00

Páxinas