A Banda de Música de Chapela participa no certamen internacional de Bandas "Ciudad de Benavente"

A Banda de Música viaxa o próximo sábado 6  a Benavemte para participar no certame Internacional de bandas “Ciudad de Benavente”

A Banda de Música de Chapela competirá neste certame, con 9 Bandas de diferentes puntos de España, Francia e Portugal, coa obra “Poema de Arealonga”

Poema de Arealonga é a primeira e única obra musical dedicada á parroquia de Chapela e escrita expresamente para a súa Banda de Música, un traballo realizado polo compositor vigués Angel Montes por encargo do seu anterior director Santiago Barreira, como agasallo de despedida á fronte da formación Chapelana no ano 2015 .

A Obra, é un poema sinfónico tomando como inspiración, tanto elementos históricos como paisaxísticos do litoral de Chapela. O título fai referencia á praia principal da parroquia e pretende ser unha homenaxe ás súas xentes, as súas praias, as súas paisaxes e acontecementos históricos como a Batalla de Rande acontecidos nas proximidades da súa costa" e coa cal a Banda de Música de Chapela representará a Chapela e Redondela no certame Internacional de Bandas cidade de Benavente,  coa pretensión de deixar esta obra entre as primeiras e darlle á mesma unha proxección internacional