A Banda de Música de Chapela celebra o seu XIII fetival de Bandas

A praza da Casa dá Torre de Redondela será opróximo Sábado 4 de Agosto escenario do XXIII Festival de Bandas de Música, que ofrecerá os concertos de tres agrupacións. O cartel confórmano a Banda de Música de Chapela como banda anfitriona, a Banda de Música da U.V. C.D de Candeán e a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis. As formacións realizarán pasacalles desde as 21.00 horas por distintos puntos da localidade e ás 22.00 horas comezará o concerto xunto á Casa dá Torre. A entrada é gratuíta.