A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA CELEBRA O FESTIVAL DE NADAL 2017

FESTIVAL DE NADAL ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA

A Escola de Música de Chapela celebra o vindeiro xoves 21 de Decembro as 19:00 horas no auditorio do Multiusos de Chapela, o festival de nadal con actuacións dos diferentes grupos musicais do propio centro, dos que forman parte alumnos de diferentes idades, desde os mais pequenos de 0 anos das clases de Music- Class, unha actividade da cal a Escola de Música de Chapela é pioneira, actividade que combina a música con ingles, e pensada especialmente para nenos/ as con idades comprendidas de 0 a 3 anos.

Os alumnos de xardín Musical con nenos/ as de 3 a 6 anos nos mostrarán como se aprende música a través de xogos e cancións, e xa os mais veteranos que forman parte dos 2 conxuntos instrumentais e futuros compoñentes da Banda de Música de Chapela, con alumnos de diferentes idades xeracionais, entre 6 e 70 anos ofreceranos de forma conxunta un pequeno concerto.

Este festival cederá un pequeno momento para facer a entrega de premios aos gañadores do concurso de postais do Nadal realizado pola Asociación Cultural e Social de Chapela

Entrada libre ata completar aforo