curso de trombon e Bombardino na Escola de Música de Chapela

A Escola de Música de Chapela organiza un curso de Trombón e Bombardino os dias 15, 16 e 17 de decembro do 2017 impartido por Santiago Blanco Trombón solista da Orquestra Sinfónica de Navarra.

O curso se impartirá nas instalacións da propia Escola de Música de Chapela o cal rematara cun concerto de clausura a cargo dos alumnos/as do curso, o día 17 no auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar aforamento.

Descrición do curso:

Os alumnos contarán con clases individuais, farase traballo técnico e musical diario en conxunto e formarase un grupo de trombóns para desenvolver as aptitudes do traballo en equipo.

En todo momento incidirase na procura da excelencia e traballarase nas dúbidas ou problemáticas distintas de cada alumno.

Galería fotos: 
Curso de Trombóm e Bombardino  2017 na Escola de Música de Chapela