A Escola de Música de Chapela celebra o seu 1º festival de Bandas escola

 

A Escola de Música de Chapela, celebra o vindeiro sábado 30 de Setembro ás 18:00 horas o seu 1º Festival de Bandas Escola.
Este Festival créase para dar a coñecer o traballo, das Escolas de Música adscritas a bandas de Música, e para fomentar e compartir a importancia do ensino musical en grupo.
Neste 1º Festival participan como Bandas convidadas, A Banda Escola de Música de Vilaboa e a Banda Escola de Música de Goian e como anfitrioa a Banda Escola de Música de Chapela. 
Desde a Dirección da Escola de Música de Chapela convídase a todos os veciños  acompañarnos neste festival onde ao mesmo tempo que gozan de boa Música poderán coñecer o traballo musical que realizan tanto  a Escola de Música de Chapela como as escolas convidadas.
A cita será no Auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar aforamento