A Banda e Escola de Música de Chapela viaxan o pais dos Instrumenteos dende A Praza da Torre de Redondela

A Banda e a Escola de Música de Chapela trasladan o seu último concerto didáctico "Musicolandia o pais dos instrumentos" á Praza da Torre de Redondela.
O concerto ofrecido o pasado sábado na alameda de Chapela, cun cheo total de publico, ofrecerase o vindeiro domingo ás 19:00 horas na Praza da Torre de Redondela.
 Nesta ocasión a Banda de Música de Chapela estará acompañada polo grupo de teatro Arte Pingüe, que se encargará  de conectar aos mais pequenos do público coa música interpretada pola Banda de Música de Chapela, sempre desde o lado mais divertido, con xogos, humor e unha chea de sorpresas  para os  principais protagonistas deste concerto didáctico os nenos/as
Este concerto esta encadrado na programación de veran da Concelleria de Cultura do Concello de Redondela 

a entrada sera libre ata completar aforamento

En caso de choiva o concerto trasladse ao multiusos da Junquera