o pianista redondelan Alejo Amoedo presenta un novo disco na Escola de Música de Chapela

O Próximo Martes día 13 de Decembro as 18:30 horas,  A Escola de Música de Chapela sera  o escenario para a presentación do Novo disco do Pianista Redondelan Alejo Amoedo , Dous Acordes ten o pracer de presentar "Evocación". Un CD coa obra para piano do gran compositor galego Reveriano Soutullo, baixa a arte interpretativa de Alejo Amoedo ao Piano. Nunha coidada edición en tres corpos con numerosa documentación gráfica, inclúe caderno pequeno explicativo de 36 páxinas.

Este disco e o froito do traballo de investigación realizado polo propio pianista Alejo Amoedo ao que queremos agradecer o elixir   como escenario para a súa presentación a Escola de Música de Chapela