remata o IV ciclo de teatro da Asociación Cultural de Chapela

O vindeiro sábado 30 de Xaneiro as 20:00 horas chega ao seu final o IV ciclo de Teatro da Asociación Cultural de Chapela.

Misturart-Teatro , o grupo de teatro da Asociación Cultural, será o encargado de poñer punto e final a este Ciclo coa obra "Armouse ou Tole Tole" unha divertida obra para adultos baixo a dirección de Chusa Couñago
Esta obra, como en anteriores xornadas representarase no auditorio do Multiusos de Chapela con entrada libre hasta completar aforo