IV Edición Ciclo de Teatro Asociación Cultural de Chapela

O próximo sábado 9 de Xaneiro ás 18 horas, arrinca o IV Ciclo de Teatro da Asociación Cultural de Chapela.
Debido ao éxito obtido en anteriores edicións, este ano se amplia este ciclo a catro representacións.
A compañía "Expresión Teatro" será a encargada de inaugurar esta edición poñendo en escena "Limpa" unha divertida obra para público familiar-infantil dirixida por Manuel Solla.
Sábado 16 de Xaneiro ás 20:00 horas, continua este ciclo coa obra, "Breve-Mente" (todos os públicos) que poñerá en escena a Compañia "Agarimo Teatro" baixo a dirección de José Mejuto.
Sabado 23 de Xaneiro ás 20:00 a compañia teatral "Fonte dá Tella " de Sotomaior visítanos coa obra "Miña naiciña" divertida obra para todos os públicos dirixida por Salvador Álvarez.
E xa para poñer punto e final a este IV Ciclo de teatro o  Sábado 30 as 20 Horas, o grupo de teatro da Asociación Cultura  de Chapela            " MisturArt Teatro" dirixido por Chusa Couñago, preséntanos a obra "Armouse ou Tole Tole" divertida obra para público adulto

Todas as obras deste ciclo poñeranse en escena no auditorio do Múltiusos de Chapela con entrada libre hasta completar aforo e venda de rifas