A Escola de música de chapela pon en marcha un campus musical

CAMPUS 2015 ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA

A Escola de Música de Chapela pon en marcha un campus músical dende do13 ó 17de xullo en horario de 9 a 14 
no mesmo pretendese facer, que os participantes, se acheguen a Música dunha forma lúdica e divertida, cun metodo utilizado pola Escola de Música de Chapela durante todo o curso, acadando moi vos resultados.
Ademais a programación do campus inclue xogos, saidas, talleres e unha serie de actividades sempre enfocadas a gozar dá música formando parte dela. 
As actividades realízanse tanto en contornas naturais en distintos lugais dá parroquia, como dentro dás propias instalacións, dandolle a posibilidade os neos/as de coñecer a forma de facer música con diversos intrumentos, moitas veces improvisados con distintos materiais cos que as veces contamos cada un nas nosas casas.
O campus tamen incluira, para aqueles que o desexen, clases de recuperación e reforzo nas distintas modalidades de ensinanzas musicais, tanto para alumnos do centro como aqueles que cursen estudos musicais noutras Escolas de Música ou conservatorios. 
O mesmo vai dirixido a neno/as a partir de 3 anos, e sen límite de idade para as clases de reforzo e recuperación.

A Escola de Música de Chapela recorda tamén que continua aberto o prazo de inscripción de alumnos/as, a partir de cero anos e sen límite de idade, para o curso 2015-2016. 
Os interesados poden ampliar a información a través do  E-Mail escolademusicadechapela@hotmail.com ou nas instalacións da Escola de Música de Chapela nos baixos do pavillón de Chapela os luns mercores e venres de 18 a 20 horas.