Clases de acordeón e ludoteca infantil na Escola de musica de Chapela

A Escola de Música de Chapela segue ampliando ás súa oferta de ensinanzas musicais ofrecendo clases de acordeón a partir de 6 anos e sen límite de idade e unha ludoteca musical dirixida a nenos a partir de tan só 2 anos. As persoas interesadas poden inscribirse na sede da escola nos baixo do pavillón de Chapela, no enderezo escolademusicadechapela@hotmail.com ou no teléfono 636124635.

As clases de acordeón será impartidas por un dos compoñentes da Banda de Gaitas Xarabal e están orientadas a rapaces maiores de 6 anos. Os máis pequenos teñen a súa oferta cunha ludoteca musical a partir de 2 anos. O obxectivo da mesma é traballar na educación musical dende unha perspectiva lúdica, que posibilite un primeiro achegamento dos máis pequenos ao mundo musical, así como activar por medio de xogos e cancións o desenvolvemento intelectual, auditivo, e sensorial da fala e a motricidade. A actividade realizarase con grupos reducidos e as prazas son limitadas.