Asociación

A obra “Un funeral para morrer coa risa” inaugura o XI Ciclo de Teatro afeccionado de Chapela

este ciclo de teatro posto en marcha hai once anos pola Asociación cultural e Social da parroquia en colaboración co Concello de Redondela, ten como obxectivo fomentar esta arte escénica e suplir a carencia deste tipo de representacións en Chapela.

a asociación cultural de chapela colaboa co concello de Redondela na celebración do 8M

a Asociación Cultural de Chapela colabora co concello de redondela na celebración do 8M coa realización dun mural onde a muller é a principal protagonista.

A nosa felicitación a todas as mulleres e o noso agradecemento ás que participaron na elaboración deste mural

A Asociación Cultural de Chapela entrega 1.500 sinaturas para solicitar a ampliación das súas instalacións

A documentación foi entregada no rexistro municipal e na mesma as persoas asinantes solicitan que desde o concello se realice un estudo e un proxecto que dea a posibilidade de ampliar as instalacións para seguir impartindo un ensino de calidade.

A Banda de Música de Chapela ofrecerá un concerto para os maís pequenos da casa

Melodías de disney será o próximo concerto da Banda de Música de Chapela para goce dos máis pequenos da casa.
Unha historia de Película coas melodías máis coñecidas de Disney con narracións de cristina Collazo e onde a música correra a cargo da Bnada de Música de Chapela 

Páxinas