Campamento Musical Illa de San Simón 2015

Xeral

Información Xeral

Descripción da Actividade

Dende a Escola de Música de Chapela queremos ofrecer a posibilidade de achegar un curso de música (trompa, frauta, fagot, clarinete, oboe e música de cámara) impartido polo Quinteto Rubato a todos aqueles alumnos que o desexen; nunha das illas con mais historia das Rias Galegas, a Illa de San Simón, situada na ensenada que leva o mesmo nome no concello de Redondela (Pontevedra).

¿A quen vai dirixido?

Vai dirixido a todos aqueles alumnos que están cursando estudos nas diferentes escolas de música ou conservatorios, independentemente do seu nivel. Neste curso préstase unha atención individualizada para que cada alumna/o dispoña dun espazo propio onde poder traballar aqueles aspectos que lle resulten de maior utilidade. Non hai límite de idade.

¿Qué se traballará no curso?

Como se indicou anteriormente, neste curso traballarase de xeito individual para que cada profesor especialista poida avaliar e reforzar ao alumnado aqueles aspectos que lle sexan de maior utilidade: técnica do instrumento, musicalidade,afinación, aspectos estilísticos, etc.

Preténdese tamén poñer en valor o traballo conxunto, a aposta clara pola música de cámara. Por tanto, ademais de tratar os aspectos individuais, o alumnado poderá aproveitar a oportunidade de facer música de cámara en conxunto conoutras/os compañeiras/os.

A música de cámara ten unha importancia indiscutible no proceso de desenvolvemento musical propio de cada músico, de aí a necesidade de facer da música de cámara un eixe central de aprendizaxe do curso do Quinteto Rubato.

O curso estará aberto a grupos de cámara xa existentes, aínda que servirá tamén para crear novos grupos de cámara nos que se traballe un repertorio diferente e, en moitos casos, pouco interpretado.

Lugar e datas

Duración: 
28/07/2015 a 31/07/2015
Instalaciones: 
Illa de San Simón